En Cuarto e Metade sabemos o tedioso que pode resultar manter a túa casa sempre impecable e relucinte. É practicamente un traballo a xornada completa que parece non rematar nunca.
Por iso queremos poñercho un pouquiño máis fácil, pero sin deixar de lado un dos nosos piares: a responsabilidade co medio ambiente.
Así que, se o teu obxectivo é manter o teu fogar impecable de maneira ecolóxica e saudable, chegaches ao lugar axeitado.
🌱Presentámosche a nosa Caixa Hixiene Básica do Fogar 🧹

Unha selección coidadosamente elixida de produtos sustentables e deterxentes ecolóxicos que axudarán a que o teu fogar brille sen sacrificar o noso precioso medio ambiente.
🏠 Un fogar limpo e saudable
A nosa Caixa Hixiene Básica do Fogar contén todo o que necesitas para realizar a limpeza do teu fogar de maneira responsable.
💡 Consellos para manter o teu fogar limpo
Ademais de proporcionarche os mellores produtos, tamén queremos compartir contigo cinco consellos prácticos para manter o teu fogar limpo e organizado:

1. Planifica a limpeza 🧽
Crea un cronograma de limpeza semanal para manter todo en orde sen sentirte abrumado/a.


2. Usa deterxentes ecolóxicos 🌱
Opta por produtos naturais e ecolóxicos para limpar sen toxicidade.
3. Ordena en pequenas tarefas🧹
Enfronta a limpeza por pequenas áreas ou tarefas para facelo máis manexable.
4. Limpa regularmente 🚿
Realiza limpezas rápidas frecuentes para evitar que a sucidade se acumule.
5.Usa produtos multifunción 🌿
Opta por produtos de limpeza ecolóxicos que sexan versátiles e poidan ser usados en varias superficies. Eles axudarante a reducir o número de produtos necesarios e tamén a facer a limpeza máis sinxela.
Coida do teu fogar e do planeta 💚
Cuarto e Metade
Na nosa busca por ofrecer produtos que non só coiden do teu fogar, senón tamén do mundo que nos rodea, damosche a oportunidade de incluir na túa caixa, cestos feitos con amor e ética.





Estes cestos provén de pequenas cooperativas de comercio xusto en Bangladesh, como Prokritee e ECOTA, membros da WTFO, unha organización internacional de comercio xusto.
Estes cestos son confeccionados con materiais naturais como o yute, o Pathi Grass, o Kaisa Grass e o Sari Reciclado. Ademais, son auditados pola WTFO, garantindo a súa orixe e a súa contribución á mellora das condicións de traballo e de vida.
Incorpora un toque máis de comercio xusto e sostibilidade a nosa Caixa Hixiene Básica do Fogar. Coidar do teu espazo e do noso planeta nunca foi tan sinxelo e significativo. 🏡🌍🌿
A nosa Caixa Hixiene Básica do Fogar non só che axudará a manter o teu fogar limpo e saudable, senón tamén a contribuír ao coidado do noso medio ambiente. E agora, cun fogar máis limpo e un compromiso coa sustentabilidade, estarás preparado/a para afrontar o día a día con enerxía e claridade. Cuida do teu fogar e da Terra ao mesmo tempo.
¡Ata a próxima limpeza! 🌍🏠🧼