Hai existencias

Faba de Lourenzá I.X.P. Coop. Terras da Mariña

11.0017.50

Faba de gran tamaño, de forma arriñonada e de cor branca uniforme. Ten unha capacidade de absorción de auga superior ao 100%.

Un alimento con Indicación Xeográfica Protexida de calidade suprema e cunha textura e sabor únicos

Elixe o formato que prefires e desfruta!

Descripción

O val de Lourenzá ten forma de cunca, como a das mans cando se xuntan para acoller o máis prezado, e un clima idóneo para que a faba creza en perfectas condicións, como perla no interior dunha cuncha. Iso si, cultivala ten que gustar. O traballo diario que esixe esta xoia da horta mariñá pide mimo, e recoñecemento.
Na cooperativa asegúranse de que en cada paquete vaian sementes dunha mesma leira, para que na cocción todas respondan do mesmo xeito. A artesanía produce variacións en certas cousas, pero non en todas: a Faba de Lourenzá distínguese polo seu tamaño, brancura e suavidade, e no prato faise inconfundible por unha textura mantecosa na que apenas se diferencia a pel do corpo.

Desfruta deste produto galego e artesanal, elaborado con mimo.

Información adicional

Galego

galego

Sen plásticos

Sen plásticos

Artesanal

Artesanal

Vegano

vegano

Sen glute

Sen glute

Sen azucre engadido

Sen azucre engadido

Sen lactosa

Sen lactosa

Formato

Envase de 1/2 kg., Envase de 1 kg.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Faba de Lourenzá I.X.P. Coop. Terras da Mariña”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *