Hai existencias

Crema de cacao Asturcilla

3.755.75

Crema de cacao Asturcilla, unha delicia asturiana.

Asturcilla é para os amantes da abelá e o cacao a partes iguais, xa que contén un 25% de abelá e nótase. Sen plásticos, elaborada co agarimo artesanal da nosa terra. Esta crema é un produto ecolóxico, apto para veganos e sen gluten.

Elixe o formato que prefires e saborea a autenticidade do cacao e a abelá de Asturias en cada cullerada.

Descripción

Descobre a crema de cacao Asturcilla, unha verdadeira delicia asturiana. Elaborada sen plásticos e  co agarimo artesanal. Esta crema é un produto ecolóxico, apto para veganos e sen gluten, garantindo unha experiencia saborosa para todos os gustos.

Asturcilla é unha crema de abelás ao cacao para untar, elaborada con moito agarimo pola cooperativa Kikiricoop en Cabranes, Asturias. Con ingredientes ecolóxicos e de comercio xusto, non contén aceite de palma, colorantes nin conservantes.

Seguramente cando coñezas Asturcilla pensarás noutras cremas de cacao, sen embargo cando a probes daraste conta de que ten un sabor a abelá máis intenso do habitual. Por iso decimos que Asturcilla é unha crema de abelás ao cacao, xa que ten un 25% de abelá e nótase.

Saborea a autenticidade do cacao de Asturias en cada cullerada, coidando o medio ambiente e apostando pola calidade. Unha tentación sostible á túa disposición na nosa tenda.

Benvido á delicia.

 

Información adicional

Ecolóxico

Ecolóxico

Sen plásticos

Sen plásticos

Artesanal

Artesanal

Vegano

vegano

Sen glute

Sen glute

Formato

115 grs, 230 grs

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Crema de cacao Asturcilla”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *