BENVID@S A CUARTO E METADE

Ola, son Lucía e en Outubro de 2022 abrín as portas de Cuarto e Metade, un pequeno comercio de alimentación e hixiene sostibles que está en Vilalba, capital da Terra Chá, na provincia de Lugo.

Cuarto e Metade nace da necesidade persoal de dar un xiro de 180 grados á miña vida profesional; despois de casi 23 anos no terceiro sector e traballando por conta allea, decido emprender e escollo o pequeno comercio como opción.

Fai anos coñecín o comercio xusto, o consumo responsable e decidín apostar a nivel persoal por buscar outras maneiras máis conscientes, sostibles, respectuosas e saudables de escoller as miñas compras, especialmente na alimentación.

É un camiño de non retorno. Si penso en min, nos meus fillos, na miña xente querida, no entorno que me rodea e no mundo global, sei que as miñas decisións de consumo diario cambian, aportan e axudan a que a roda xire mellor.

Dende este convencemento nace Cuarto e Metade. Un comercio onde atoparás alimentación e hixiene persoal e do fogar. Todos os productos cumplen, cando menos, algún ou varios dos seguintes criterios:

-Son ecolóxicos.

-Ou artesáns.

-De proximidade si é posible.

-De comercio xusto.

-Sen plásticos na súa composición e/ou embalaxe.

Ademáis, temos opcións a granel tanto na alimentación como na hixiene persoal e do fogar.

Convídote a que coñezas Cuarto e Metade. Cunha visita á tenda física en Vilalba ou nesta tenda online que nace agora e que iremos enchendo de cousas boas pouco a pouco.

Pero sobre todo, convídote a que comeces o cambio necesario a un consumo máis consciente e responsable, máis sostible. Por ti, polos teus e polo planeta.

Unha aperta.

Lucía

Por ti, polos teus, e polo planeta.