DESDE GALICIA, A TENDA ONLINE DE ALIMENTACIÓN E HIXIENE SOSTIBLES.

MÁIS VENDIDO

Caixa
agasallo

Coñece as nosas caixas agasallo preparadas para todo tipo de gustos. Cada unha delas está pensada para un tipo de persoa. 

FAI A CAIXA Á TÚA MEDIDA

Configura a caixa á túa medida escollendo os produtos que máis che apetezan.

Tan só tes que contactar con nós por email ou chamada e contarnos as túas preferencias ou pedir que te aconsellemos.

Cinco
Criterios

Todos os nosos produtos cumplen un ou varios destos criterios. 

Para nós son tan importantes os valores que defendemos, que os aplicamos a todo o que facemos. 

De proximidade

Temos a fortuna de vivir nun entorno cheo de talento e oportunidades, de produtos de calidade e persoas marabillosas. Sempre que é posible, traemos os produtos da nosa contorna.

Eco

Produtos que se producen ou elaboran a través de procesos que respectan o medio ambiente e conservan a saúde da terra.

Sen plástico

Os produtos que ofrecemos son libres de plásticos tanto na composición coma na embalaxe. Procuramos alternativas máis sostibles e promovemos a reutilización e a venta a granel.

Artesáns

Admiramos ás persoas que crearon os produtos que nós vendemos. E iso é gran parte do éxito do noso proxecto.

De comercio xusto

Creando unha relación de comercio máis equitativa e xusta, e dando valor aos nosos produtores e produtoras.

Cuarto e Metade

Tenda de alimentación e hixiene sostibles.

Aquí podes atopar alimentación e hixiene do fogar e persoal.  Temos opcións tanto a granel como envasadas.

Opinan de nós...

ENVÍOS DE BALDE | A PARTIR DE 100€